O falar das fadas: Lingua, música e toponimios da Galiza (Baía Ensaio) por Xosé Manuel Sánchez Rei

December 13, 2018

O falar das fadas: Lingua, música e toponimios da Galiza (Baía Ensaio) por Xosé Manuel Sánchez Rei

Titulo del libro: O falar das fadas: Lingua, música e toponimios da Galiza (Baía Ensaio)

Autor: Xosé Manuel Sánchez Rei

Número de páginas: 216 páginas

Fecha de lanzamiento: December 27, 2016

ISBN: 8499952097

Editor: Baía Edicións A Coruña. S.L.

Descargar Leer on-line

Xosé Manuel Sánchez Rei con O falar das fadas: Lingua, música e toponimios da Galiza (Baía Ensaio)

O falar das fadas: Lingua, música e toponimios da Galiza (Baía Ensaio) por Xosé Manuel Sánchez Rei fue vendido por EUR 16,00 cada copia. El libro publicado por Baía Edicións A Coruña. S.L.. Contiene 216 el número de páginas.. Regístrese ahora para tener acceso a miles de libros disponibles para su descarga gratuita. El registro fue libre.

Durante cinco anos, desde novembro de 2010 até finais de 2015, o asinante destas páxinas estivo a colaborar de modo regular coa publicación dixital Terra e Tempo [...] con artigos mensais e, xa nos últimos tempos, con contributos bimensais. Vaia por diante, antes de máis, o meu agradecemento aos órgaos de xestión da antecitada revista, dependentes da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, pola oportunidade brindada e por así poder participar nunha publicación que posúe unha traxectoria de máis de corenta anos (seis na era dixital desde 2010) e que na actualidade constitúe unha referencia entre os medios de información, de comunicación e de pensamento na Galiza [...].

O presente traballo recolle, por tanto, a maior parte deses textos, que, á excepción dalgún caso, proveñen da coñecida revista. Xa nesta altura, perante a selección nun único volume, era necesario estaren dotados dun título unitario. E pensei, para iso, que o famoso nome do poema de Valentín Lamas Carvajal publicado en Saudades gallegas (1880) podía servir para tamén intitular a presente escolla, a cal asenta en tres eixos temáticos xerais: con independencia de certos artigos se centraren en asuntos como o labor do asociacionismo veciñal, a reinvindicación da figura de Alexandre Bóveda, as impresións particulares que me inspiraron determinadas vivencias etc., o certo é que a lingua, a música tradicional e os nomes de lugar do país son as cernas fundamentais do libro. Todas tres, embora pedagoxicamente poidan resultar saberes ou disciplinas doadamente delimitábeis, ilustran innúmeros puntos de confluencia, de forma que, a pesar do maior peso dos contributos focados en temas filolóxicos aquí contidos, os consagrados a aspectos da toponimia e da música galegas conseguen harmonizar con eles ao serviren como eficaz complemento e non exclusivamente ornamental: as fadas galegas, ao falaren, fano en galego, e elas propias, cando cantan, fano tamén no noso idioma; por súa vez, as monta